Cando xa ben noviña comprendeu que sendo bastarda e miserable non lle valorarían máis que a beleza e o corpo e que, ademais, tomaríanllo sen pagar, decidiu usalo ela no seu proveito. De ter o corpo como instrumento, sacaríalle beneficio. Soubo ver que era unicamente co corpo, coa marca sexual, como se faría visible, estimada, famosa e rica.