Rosalía feminista
A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.
ÍNDICE
Figuras para un triángulo de furias, Helena González Fernández 7
DAQUELAS QUE FALAN 11
Manifesto 13
A escritora 16
A meniña dá voz á nación imprevista 23
ABDICAR DE MIN. AS LAÑAS DO AMOR ROMÁNTICO 29
Da paixón 31
Contra os seductores 37
Contra o amor romántico 43
Contra o matrimonio 46
VIDAS PRECARIAS 53
A vella, a orfa, a pobre 55
Nais 65
A emigrante, a estranxeira 74
SOAS, SEN AMOR, SEN AMO 81
Tan soas! 83
Suicidas 88
Viúvas 93
Medo e ira, violencia e vinganza 99
VIÚVAS DE VIVO: NUNCA MÁIS AGARDAR 117
SE PODES BAILAR, É A TÚA REVOLUCIÓN 151