Skip to main content

Rosalía feminista

Rosalía de CASTRO / Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ (ed.)
Vigo: Edicións Xerais de Galicia
2019
978-84-9121-478-6
Índice (86.57 KB)

A poesía de Rosalía de Castro agroma nun triángulo de furias: a reivindicación das mulleres; a meniña gaiteira que tatexa palabras inaugurais dunha nación non prevista; e a ira contra a precariedade, a compaixón polas persoas inocentes e tristes, a certeza da vulnerabilidade. Nese triángulo de furias afírmase a Rosalía feminista. Dálle voz á moza, á violada, á solteira, á vella, á nai obrigada a deixar o fillo só, ás mulleres confinadas entre o amor romántico e unha idea estreita de familia. Avisa dos perigos do gaiteiro da festa, do emigrante que non ha volver, da violencia do poder. Defende a xustiza pola man. E crea a viúva de vivo: esa muller soa, sen rostro, sen amor e tamén sen amo que resolve, como unha Penélope navegante, deixar de agardar.

 

ÍNDICE

Figuras para un triángulo de furias, Helena González Fernández   7

 

DAQUELAS QUE FALAN   11

Manifesto   13

A escritora   16

A meniña dá voz á nación imprevista   23

 

ABDICAR DE MIN. AS LAÑAS DO AMOR ROMÁNTICO   29

Da paixón   31

Contra os seductores   37

Contra o amor romántico   43

Contra o matrimonio   46

 

VIDAS PRECARIAS   53

A vella, a orfa, a pobre   55

Nais   65

A emigrante, a estranxeira   74

 

SOAS, SEN AMOR, SEN AMO   81

Tan soas!   83

Suicidas   88

Viúvas   93

Medo e ira, violencia e vinganza   99

 

VIÚVAS DE VIVO: NUNCA MÁIS AGARDAR   117

 

SE PODES BAILAR, É A TÚA REVOLUCIÓN   151

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/5302