Rosalía de Castro: Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)
Nena curiosa que xoga no eixido dunha casa de vila, adolescente inqueda con soños de artista, rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente, lectora febril que ferve de ideas revolucionarias, escritora consciente do seu talento disposta a saír á praza pública... Neste primeiro volume da biografía da Rosalía de Castro nárranse as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, profesora de estudos galegos na Universidade de Barcelona e editora de Cantares galegos, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida de poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes inesperadas que obrigan a poeta a regresar a Compostela coa carga dunhas responsabilidades familiares que lle fan reconsiderar a orientación da súa vida.
ÍNDICE
Introducción 11
I. Sendo a mesma, é distinta 23
1. As orixes familiares 29
2. A familia Castro de Iria Flavia 34
3. O suposto pai de Rosalía 45
II. Entre Santiago e Padrón. Nacemento e infancia 63
1. Tempos de cambio 66
2. O nacemento. Ocultación e reencontro 71
3. A infancia en Padrón 81
III. Coa mocidade revolucionaria en Compostela 97
1. O mundo arredor dunha Rosalía en formación 98
2. Rosalía no Liceo de la Juventud 113
3. As primeras emocións pasan caladamente 134
4. A santa liberdade 143
IV. A marcha para Madrid. "Xuntáronse e voaron" 151
1. De Compostela a Madrid 153
2. Os motivos da viaxe 157
3. Madrid intramuros 172
4. Primeiros pasos no mundo das letras 181
V. Un amor estraño 201
1. As barricadas na rúa 203
2. Manuel Murguía, estudante fracasado, bohemio e escritor 208
3. Casamento e fin da aventura 217
VI. Primeras rebeldías. A loita contra os grillóns da escravitude 235
1. La hija del mar: abandonada ou sometida 241
2. Flavio, a trapela do amor romántico 258
VII. O camiño de volta a Galicia e a confirmación dunha autora nova 271
1. Un regreso improvisado 272
2. Escribir para vivir 292
3. Dispoñibilidade total: A Coruña, Vigo, Santiago, Madrid 302
VIII. Preparada para "cantar a Santa Liberdade" 311
1. Novo intento na capital 314
2. Santiago é un sepulcro 328
3. O cambio á lingua do pobo: Cantares Gallegos 334
Anexo fotográfico e documental 351
Bibliografía citada 365