Skip to main content

Rosalía de Castro: Cantos de independencia e liberdade (1837-1863)

María Xesús LAMA
Vigo: Editorial Galaxia
2017
978-84-9151-040-6
índex (83.6 KB)
Introducción (411.51 KB)

Nena curiosa que xoga no eixido dunha casa de vila, adolescente inqueda con soños de artista, rapaza atrevida disposta a construír unha vida independente, lectora febril que ferve de ideas revolucionarias, escritora consciente do seu talento disposta a saír á praza pública... Neste primeiro volume da biografía da Rosalía de Castro nárranse as súas orixes familiares e os seus anos de mocidade. María Xesús Lama, profesora de estudos galegos na Universidade de Barcelona e editora de Cantares galegos, pescuda con rigor e admiración, con obxectividade non exenta de paixón, na vida de poeta en Galicia e Madrid nun tempo de ideais e de aprendizaxe para a mocidade que na segunda metade do século XIX decide intentar vivir da pluma. A autora aproveita as últimas descubertas da investigación filolóxica e histórica para afondar nas viraxes inesperadas que obrigan a poeta a regresar a Compostela coa carga dunhas responsabilidades familiares que lle fan reconsiderar a orientación da súa vida.

 

 

ÍNDICE

Introducción   11

I. Sendo a mesma, é distinta   23

1. As orixes familiares   29

2. A familia Castro de Iria Flavia   34

3. O suposto pai de Rosalía   45

II. Entre Santiago e Padrón. Nacemento e infancia   63

1. Tempos de cambio   66

2. O nacemento. Ocultación e reencontro   71

3. A infancia en Padrón   81

III. Coa mocidade revolucionaria en Compostela   97

1. O mundo arredor dunha Rosalía en formación   98

2. Rosalía no Liceo de la Juventud   113

3. As primeras emocións pasan caladamente   134

4. A santa liberdade   143

IV. A marcha para Madrid. "Xuntáronse e voaron"   151

1. De Compostela a Madrid   153

2. Os motivos da viaxe   157

3. Madrid intramuros   172

4. Primeiros pasos no mundo das letras   181

V. Un amor estraño   201

1. As barricadas na rúa   203

2. Manuel Murguía, estudante fracasado, bohemio e escritor   208

3. Casamento e fin da aventura   217

VI. Primeras rebeldías. A loita contra os grillóns da escravitude   235

1. La hija del mar: abandonada ou sometida   241

2. Flavio, a trapela do amor romántico   258

VII. O camiño de volta a Galicia e a confirmación dunha autora nova   271

1. Un regreso improvisado   272

2. Escribir para vivir   292

3. Dispoñibilidade total: A Coruña, Vigo, Santiago, Madrid   302

VIII. Preparada para "cantar a Santa Liberdade"   311

1. Novo intento na capital   314

2. Santiago é un sepulcro   328

3. O cambio á lingua do pobo: Cantares Gallegos   334

Anexo fotográfico e documental   351

Bibliografía citada   365

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/4589