Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984
Reúnese neste libro a correspondencia cruzada entre Ramón Piñeiro e Basilio Losada desde 1961 ata 1984. En total, 453 cartas que ofrecen un pormenorizado testemuño dun longo período da historia galega. Desde Compostela, Piñeiro actúa como mestre e amigo, editor e dinamizador do galeguismo; en Barcelona, Basilio Losada segue as novidades de Galicia, intervén nas actividades da clandestinidade, actúa como mediador entre a cultura galega e a catalá.
Velaquí un epistolario excepcional, que sobarda o carácter privado e que sitúa o lector nun lugar de observación privilexiado.
ÍNDEX
Limiar, Basilio Losada 9
Unha crónica cultural e política do galeguismo, María Xesús Lama e Helena González 17
Década de 1960 89
Década de 1970 781
Década de 1980 1031
Anexos 1037
Bibliografía 1097
Apéndice gráfico 1117
Índice onomástico 1131