Skip to main content

Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984

Ramón PIÑEIRO & Basilio LOSADA / Mª Xesús LAMA & Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ (eds.)
Vigo: Galaxia
2008
978-84-9865-176-8

Reúnese neste libro a correspondencia cruzada entre Ramón Piñeiro e Basilio Losada desde 1961 ata 1984. En total, 453 cartas que ofrecen un pormenorizado testemuño dun longo período da historia galega. Desde Compostela, Piñeiro actúa como mestre e amigo, editor e dinamizador do galeguismo; en Barcelona, Basilio Losada segue as novidades de Galicia, intervén nas actividades da clandestinidade, actúa como mediador entre a cultura galega e a catalá.
Velaquí un epistolario excepcional, que sobarda o carácter privado e que sitúa o lector nun lugar de observación privilexiado.

 

ÍNDEX

Limiar, Basilio Losada   9

Unha crónica cultural e política do galeguismo, María Xesús Lama e Helena González   17

Década de 1960   89

Década de 1970   781

Década de 1980   1031

Anexos   1037

Bibliografía   1097

Apéndice gráfico   1117

Índice onomástico   1131

https://www.ub.edu/adhuc/es/node/632