Skip to main content

Menlacex

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariám MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2023

Publicación ilustrada a cores, en papel satinado, editada en Santiago de Compostela. Comprende un total de 8 números publicados ao longo do ano 2001 con periodicidade irregular. Nace coa intención de abranguer todo tipo de temas de interese relacionados coa comunidade LGTBIQ+ en Galicia e no norte de Portugal. Os oito números aparecen editados por Fernando Pesqueira Franco e dirixidos por Pablo Irago. Conta coas colaboracións habituais de Fernando González Fortes, Miguel Villagarcía, Carlos Valcarcel, Laura Bugallo, Jesus Moinhos, Xesús Pedreira. A partir do número 4 suma a Chalo Sexmachine e deixa de colaborar Princes. Como corresponde ao seu carácter de guía, visibiliza a rede comercial e de lecer manifestamente non homófoba, por iso inclúe abundante publicidade e rueiros das cidades galegas con locais recomendados. A estrutura da revista conta desde o comezo con diferentes seccións dedicadas á saúde (como “Menxercicios”), marco legal, horóscopo, recensións de música, filmes e libros.

 

Sobre a edición dixital

Preséntanse aquí os oito números de Menlacex publicados ao longo de 2001, editados por Fernando Pesqueira Franco e dirixidos por Pablo Irago. Unha revista de temática LGTBIQ+, que persegue espallarse por Galicia e o norte de Portugal. Como corresponde ao seu carácter de guía, inclúe rueiros de cidades galegas con locais recomendados e abundante publicidade que retén a rede comercial e de lecer manifestamente non homófoba dos territorios nos que se ocupa.

 

Esta edición dixital é un resultado do GRC Creació i pensament de les dones (2021 SGR 01097). 

https://www.ub.edu/adhuc/ca/node/5875