Skip to main content

Ghaiseta: Publicación de Milhomes

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariám MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2024

Publicación do grupo gai da Coruña Milhomes, ilustrada, con periodicidade irregular. Impresa a dúas cores, en formato de tríptico. Habitualmente componse de 6 páxinas, agás nos números de decembro de 1996 a marzo de 1997 que contan con 12 páxinas. Nace coma canle de información e difusión das actividades de Milhomes, e como medio de información e denuncia de actualidade para a comunidade LGTBIQ+. Componse de artigos e, sobre todo, notas breves. Predominan as imaxes de erótica gai, mentres que as referencias lésbicas son escasas. O grafismo experimenta mudanzas en varios momentos: entre o primeiro e segundo número; en abril de 1997; en 1999; e maio de 2001. Preséntase como Voceiro do grupo gai da Coruña MilHomes entre agosto de 1996 e abril de 1997. A partir de xuño de 2022 o nome da entidade editora pasa a ser Milhomes-Grupo GLBT de A Coruña. Jose Carlos Alonso Sánchez aparece como responsable da redacción da revista a partir de setembro de 2001. Linguisticamente é moi variable. Comeza publicándose en galego, seguindo diversas normativas. A partir de abril de 1997 incorpora tamén o castelán, que é a única lingua empregada nos períodos que van de xuño de 1998 a decembro de 2001 e de xuño a decembro de 2002 (en total, 12 números). En maio de 2002 A. M. Buxeiro aparece como encargado da tradución ao galego.

 

Sobre a edición dixital

Presentamos aquí os 38 números editados como Ghaiseta, publicados desde 1996 ata 2002 por Milhomes - Grupo Gai da Coruña. Gaceta creada como canle de información e difusión das actividades da devandita organización, ocúpase tamén das novas de interese para a comunidade LGTBIQ+ sobre diversos aspectos da vida social, política e cultural, particularmente no ámbito galego. A partir de abril de 2001 coexiste con outra publicación do mesmo colectivo, Milhomes. Boletín del grupo gay de A Coruña.

 

A edición dixital, publicada en 2024, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.

 

Esta edición dixital é un resultado do GRC Creació i pensament de les dones (2021 SGR 01097). 

 

https://www.ub.edu/adhuc/ca/node/6018