Skip to main content

Gai Z Lésbica. Voceiro do Colectivo Coruñés de Gais e Lesbianas

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariám MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2024

Os números preséntanse co logo da entidade editora, o Colectivo Coruñés de Gais e lesbianas (CCGL), teñen seis páxinas con formato tríptico a dúas cores. Na primeira páxina do número 0, publicado en setembro de 1994, preséntase como publicación periódica Gay Z Lésbica. Os outros dous números, non aparecen numerados, presentan como data de publicación febreiro e marzo de 1995 respectivamente, ambos se presentan como Voceiro do CCGL na primeira páxina. O número de marzo incorpora no título o nome de GaiZZetta e un consultorio. Nos artigos, relatos e notas breves destacan a importancia da visibilización e a loita contra os estereotipos, as agresións e a homofobia da que son obxecto lesbianas e gais. Inclúe imaxes fotográficas e ilustracións.

 

Sobre a edición dixital

Recuperamos aquí os tres números publicados de Gay Z Lésbica. Voceiro do Colectivo Coruñés de Gais e Lesbianas, con actividade en A Coruña entre decembro de 1993 e outubro de 1995. Os artigos, relatos e notas breves destacan a importancia da visibilización e a loita contra os estereotipos, as agresións e a homofobia da que son obxecto lesbianas e gais.

 

A edición dixital, publicada en 2024, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.

 

Esta edición dixital é un resultado do GRC Creació i pensament de les dones (2021 SGR 01097). 

https://www.ub.edu/adhuc/ca/node/6017