Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación
"Elas e o paraugas totalizador" é unha metáfora das tensións identitarias: os tirapuxas entre xénero e nación. Nun espléndido ensaio, tan clarificador como innovador, chamado a converse nun referente imprescindible para os estudos literarios galegos, a investigadora e crítica Helena González ofrécenos un percorrido pola literatura recente escrita por mulleres: as escritoras conformaron un espazo e unha linguaxe de seu que alterou por completo a literatura e significou unha enérxica irrupción no canon. A singularidade do caso galego serve de contrapunto, porque elas escriben desde a hiperconciencia, desde as marxes, para converteren as súas escritas en centrais, inevitables. Este ensaio ofrece análises novidosas para toda a crítica feminista en relación ao retos das escritoras identitariamente posicionadas e innovadoras, situándose nos estudos das identidades emerxentes.
ÍNDICE
Limiar 7
Un breviario e dous conceptos 15
I. As escritoras e o paraugas totalizador 21
1. Zapadoras, navegadoras, insubmissa 23
2. Literatura galega de mulleres: unha visión sistémica 39
3. Encrucilladas identitarias: sobre xénero, nación e literatura 83
4. "As mulleres sostemos a metade do ceo": Xohana Torres ingresa na Real Academia Galega 99
II. Reescribir o imaxinario: o corpo, o mito, o mar 107
5. Poeróticas femeninas e o regreso ao natural, o rural e o salvaje 109
6. S/Extrangers 121
7. Xenealoxías míticas. As Penélopes navegantes 127
8. O corpo das baleas e a autoconciencia feminina 143
9. A tinta no mar e o xénero na nación 155
10. Ulises, Hamlet, Lear e Dracull, entre outros bocetos 173
III. Dicirse na encrucijada identitaria: enunciación e linguaxe 195
11. Cordelia pon o caleidoscopio no ollo do Cíclope 197
12. A enunciación como estratexia identitaria 213
13. Bordar, domear, tatexar, producir. Sobre a linguaxe e o xénero 223