Skip to main content

Alborada. Órgano de la Mujer Democrática

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2019

Publicación de periodicidade irregular sen ilustracións editada polo Movimiento Democrático de Mujeres da Coruña (MDMC). Sitúanse na liña da loita antifranquista do Partido Comunista de España ao que se adscriben. O seu obxectivo prioritario é a loita obreira e a emancipación das mulleres e das traballadoras. Localizáronse dous números publicados en 1970, onde se indica que é o ano II da publicación, e mais un especial, de 1972, sobre a represión e asasinatos da ditadura franquista no sector naval de Ferrol. Os números de 1970 levan como subtítulo: Órgano de la Mujer Democrática e en 1972 Órgano del Movimiento Democrático de Mujeres de La Coruña. Foron impresos en multicopistas, a tinta negra sobre papel branco e grampadas. Ten unha gráfica coidada na que se alterna a disposición a dúas columnas con outras solucións.

 

Sobre a edición dixital

Preséntanse aquí os 3 números localizados de Alborada. Órgano de la mujer democrática (MDMC), publicados en 1970 e 1972. Céntrase na información sindical xeral, con particular atención aos feitos de Ferrol de 1972, os dereitos das traballadoras e as reivindicacións das mulleres en cuestións como a sanidade, a planificación familiar, os labores domésticos e o acceso ao mundo laboral. O MDM adscribíase ao Partido Comunista Español e xorde como grupo organizado de mulleres de presos políticos na clandestinidade. A primeira agrupación do MDM en Galicia aparece en 1969 en Vigo, que edita o boletín A muller e a loita. A edición dixital, publicada en 2019, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Teoría de las emociones y el género en la cultura popular" (FEM2014-57076-P).

https://www.ub.edu/adhuc/ca/node/5312