Enboga
Boletín de periodicidade irregular editado por BOGA-Colectivo de Lesbianas de Galicia para a información das accións da organización, debate de temas específicos da comunidade como a sida, a adopción, a bisexualidade, a lesbofobia e os avances na igualdade de dereitos, así como para favorecer o contacto entre lesbianas. A partir do número 3 organízase en seccións. Ilústrase con fotografías. Presenta cartolina rosa en portada e contraportada, interiores en papel branco e está impreso en negro. Está redactado integramente en galego.
Sobre a edición dixital
Présentanse aquí os 4 números de Enboga, publicados entre outubro de 1999 e o primeiro semestre de 2001 (aparece co gallo do 28 de xuño). Informa de accións e novas relacionadas coa lesbofobia e a igualdade de dereitos no ámbito legal, social, lúdico e sexual. Nas diversas seccións da revista evidénciase a constitución de xenealoxías lésbicas coa creación dun dicionario, numerosos perfís biográficos e una sección de cultura que incide nos modelos lésbicos positivos e públicos. Fomenta particularmente os contactos entre lesbianas e as relacións con outras organizacións (Colectivo Gai de Compostela, CGLOu, LEGAIS, Milhomes). A edición dixital, publicada en 2018, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.
Esta edición dixital é un resultado dos proxectos Tránsfugas y parias modernas: género y exclusión en la cultura popular del s. XXI (FEM2017-83974-P MINECO/AEI/FEDER, UE) e Diversidad de género, masculinidad y cultura en España, Argentina y México (FEM2015-69863-P).