Skip to main content

Voces de Queenpostela

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariam MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Mariam Mariño Costales,
Jorge Carrillo Flores
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2018

Folla informativa mensual editada polo Colectivo Gai de Compostela (CGC). Recolle novas de actualidade dos ámbitos organizativo, social e lexislativo e dá conta de accións reivindicativas en Compostela e Galicia (denuncias contra a homofobia, accións antiSida, debates e festas).

Sobre a edición dixital

Preséntanse aquí os 25 números de Voces de Queempostela, editados entre abril de 1996 e setembro de 1999 polo Colectivo Gai de Compostela (CGC). Trátase dunha publicación non feminista mais vinculada aos debates e redes dos feminismos que permite, ademais, cartografar unha parte do movemento lésbico en Galicia. Os seus obxectivos son a difusión das actividades do propio colectivo, a denuncia de casos de homofobia e a información de accións a prol dos dereitos nos ámbitos legal, social, lúdico, sexual e a participación en campañas anti-SIDA. Destaca particularmente das accións das organizacións de lesbianas e gais con actividade en Galicia e no resto da Península Ibérica como BOGA-Colectivo de Lesbianas de Galicia, Colectivo de Lesbianas Independientes Nosotras Tal Como Somos (CLI-NTCS), LEGAIS, Milhomes, CGLOu, GALEGA, COFLHEE, Clube Safo, ILGA-Portugal, Xente Gai Astur… Inclúe notas sobre publicacións LGTB (S’homosFluxos). A edición dixital, publicada en 2018, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número. 

Esta edición dixital é un resultado dos proxectos Tránsfugas y parias modernas: género y exclusión en la cultura popular del s. XXI (FEM2017-83974-P MINECO/AEI/FEDER, UE) e Diversidad de género, masculinidad y cultura en España, Argentina y México (FEM2015-69863-P). 

https://www.ub.edu/adhuc/en/node/5232