Skip to main content

Mulleres Cristiás Galegas (1ª época)

Helena GONZÁLEZ FERNÁNDEZ & Mariám MARIÑO COSTALES (coord. & ed.)
Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / ADHUC-Centre de Recerca Teoria, Gènere, Sexualitat
2024

Publicación da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria (MCG), editada en Santiago de Compostela e con periodicidade irregular. Nace como canle de información e difusión de a dita organización. Todos os números están en branco e negro, ilustrados con fotografía, infografía e banda deseñada. Comprende un total de catro números publicados entre 1998 e 2000. A revista organízase en seccións permanentes que recollen as actividades das MCG e mais a sección “Fiestra aberta”, na que aparecen debates dos grupos de feministas cristiás no ámbito internacional. A partir do n. 1 engaden dúas novas seccións: “Libros recomendados” e, na contraportada “Contos ao abeiro dun paraugas”.

 

Sobre a edición dixital

Presentamos aquí os catro números correspondentes á primeira época do boletín Mulleres Cristiás Galegas, publicado entre 1998-2000 e editado pola Asociación Mulleres Cristiás Galegas (MCG) como canle de información e difusión dos seus debates, actividades e rede de relacións. Conta con unidades activas nas zonas de Santiago de Compostela, Vigo, Pontevedra, Lugo e Ferrol, e tamén con comisións de traballo sectoriais. Recollen debates sobre a mirada cristiá respecto do feminismo, o pacifismo ou a lesbofobia.

 

A edición dixital, publicada en 2024 inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.

 

Esta edición dixital é un resultado do GRC Creació i pensament de les dones (2021 SGR 01097). 

https://www.ub.edu/adhuc/en/node/5976