E de súpeto berrei, mamai, mai, así, coma un sospiro longo para desafogar, unha chamada, e total para qué si ti sigues tan lonxe. Cismo verdades e mentiras, no ceo que está negro, nos tellados de Lille, na ferida e no sangue, o sol que xa morreu moi abaixo da ría, na señardá de Cantador, de todos, e berro, mamai, e choro. E total xa non podes contestarme.