Maria Soinha
Fanzine de denuncia feminista con periodicidade descoñecida edita polo Frente Feminista de Ferrol Maria Soinha. Impreso en negro sobre papel de cor salmón cos cantos da dereita recortados e textos manuscritos. Está redactado integramente en galego.
Sobre a edición dixital
Preséntase aquí o único número recuperado de Maria Soinha, con data de publicación aproximada de 1996. Trátase dun boletín de denuncia feminista que conta con numerosas ilustracións e banda deseñada de elaboración propia e información da organización que o edita, o Frente Feminista de Ferrol Maria Soinha (nos comezos María Solinha). Este grupo de loita feminista autónoma, independente, revolucionaria e utópica, creada a comezos de 1994 por exmilitantes da AGM, ten como obxectivo “dar umha resposta teórica e prática ao avanço da reaçom e à subtil assimilaçom do feminismo polo sistema imperante” (tirado do comunicado de presentación, con data 18/02/1994). A edición dixital, publicada en 2018, inclúe: resumo e datos da cabeceira; edición dixital íntegra en pdf; índice, índice documentado e resumo de cada número.
Esta edición dixital é un resultado do proxecto "Teoría de las emociones y el género en la cultura popular" (FEM2014-57076-P).